8/5/15

CORRELINGUA 2015


Hoxe participamos no Correlingua que é unha carreira simbólica en defensa do galego, a nosa lingua. Este ano celebrouse no Pazo de Cultura de Narón e ademais do noso cole (fomos 1º,2º,4º e 5º de E:P.), había outros 900 escolares de distintos colexios da comarca como: Centieiras, A Solana, Virxe do Mar, Isaac Peral,  Esteiro, Recimil, CRA de Narón, CEE Terra de Ferrol,... por iso iamos todos moi ben equipados cos nosos chalecos identificativos.


Unha vez que chegamos e nos xuntamos todos, comezamos a carreira portando a pancarta que fixemos para a ocasión co lema deste ano: "GALEGO a nosa creación común":


Cando rematou a carreira,  tocoulle o turno aos xogos populares organizados polos alumn@s do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas do CIFP Rodolfo Ucha. Xogamos ao brilé, á corda, aos aros, ao balón asasino, ás carreiras de sacos ,...  . Pasámolo fenomenal.


E por último, entramos dentro do Pazo da Cultura. Alí,  Xurxo Souto, coñecido porque foi líder e vocalista do grupo de rock galego "O Diplomáticos de Monte-Alto" dende 1990 ata o 2001, fixo de mestre de ceremonias. 


Presentounos a obra  do Grupo de Teatro de Narón: "As aventuras da Bichuca Cuca" e tamén a actuación do músico Paco Nogueiras que nos cantou algunhas das cancións incluidas no libro-disco  Brinca Vai como No Samaín,  Rap do Magosto, Apertas que Voan, Meu o mundo é ... Deixámosvos o video promocional da canción "MEU O MUNDO É" que "conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego:arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! Que as nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Que vivamos en Galego e que construamos o noso mundo en galego".



Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario